1 dic. 2015

Proxección "A clase"

Acto: Proxección "A clase"
Día: 3 de decembro
Hora: 20:30h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
Os ‘Xoves de cine’ do Ateneo Santa Cecilia ofrecen esta semana a película “A clase”, de Laurent Cantet. Con esta proxección, a partir das 20:30 horas na Biblioteca Pública Municipal de Marín, chega á súa fin o ciclo dedicado á Educación.
O argumento trata sobre François, un profesor novo nun instituto conflitivo situado nun barrio marxinal. Con alumnos entre os 14 e 15 anos, na aula prodúcense fortes choques culturais e de actitude, que son un reflexo da Francia contemporánea. 
Palmarés do filme: Palma de Ouro á mellor película no Festival de Cannes 2008, Premio César 2008 ao mellor guión adaptado e á mellor película, nominada aos Oscar 2008 na categoría de mellor película de fala non inglesa, nominada ao Goya 2009 como mellor película europea, finalista dos Premios da Asociación de Críticos de Los Angeles 2008 como mellor película estranxeira.



No hay comentarios:

Publicar un comentario