1 dic 2015

Actuación Arsis Folk

Acto: Actuación Arsis Folk
Día:  4 de decembro
Hora: 21h
Lugar: Local do Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia

O ghaiteiro de Estribela, Felipe Rea, dirixe un novo proxecto musical denominado Arsis Folk, que evoca o movemento pautado polo director de orquestra para marcar o ritmo da banda. Canda Felipe Rea, Arsis Folk complétase co acordeonista marinense Cristian Salgado Poses e coa clarinetista de Redondela Adriana López Ríos.
Na súa actuación, a partir das 21:00 horas no marco dos ‘Venres do Ateneo’, farán un percorrido dende a música tradicional da bisbarra do Morrazo ata a música de autor máis actual; dende a antiga taberna de Pepita de Nantes en Estribela, onde se cantaban cancións entre venta e venta de peixe, ata melodías do mestre Francisco Landín moduladas polo ambiente mariñeiro de Marín; dende composicións creadas polo propio Felipe Rea ata versións de clásicos da música contemporánea. 
[Acceso á actuación: soci@s do Ateneo, 3 euros; non soci@s, 4 euros]

No hay comentarios:

Publicar un comentario