18 ene 2016

Recital de poesía galega

Acto: Recital de poesía galega
Día: 23 de xaneiro
Hora: 19h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Asociación Queremos Galego Marín
A Asociación Queremos Galego Marín organiza o sábado 23 de xaneiro un recital de poesía galega no Museo Manuel Torres a partir das 19 h.
Para este recital, co que pretende dar a coñecer algúns dos novos valores da poesía galega, a asociación contará coa presenza destes 5 poetas galeg@s:
· Rexina Vega é doutora en Filoloxía Románica coa tese Bilingüismo e autotradución en Álvaro Cunqueiro, autor sobre o que publicou numerosos artigos e estudos monográficos. Durante os anos noventa foi docente na área de Filoloxía Galego-Portuguesa da Universitat Autònoma de Barcelona. Exerceu a crítica teatral na revista El Público e a crítica literaria para Quimera, Zurgai, Anuario de Estudos Galegos ou Grial, entre outras publicacións. Tamén foi colaboradora habitual da sección El trujamán do Centro Virtual Cervantes. No campo da lexicografía formou parte do equipo de redacción dos dicionarios bilingües español-francés da editorial Larousse e do Dicionario Vox galego-castelán. É Premio Sthendal e finalista do Premio Nacional de Tradución pola obra de Georges Perec “El secuestro”. Responsabilizouse da edición dos artigos ensaísticos de Suso de Toro “Ten que doer. Literatura e identidade”. Actualmente é profesora do Departamento de Lingua Española na Universidade de Vigo. Cardume, a súa primeira obra literaria, mereceu o Premio Xerais de Novela 2007, á que segue Dark butterfly (2012).
· Daniel Piñón peón "Targus",publicou en 2012 o seu primeiro libro de poemas "Bailando nos charcos". No transcuso deste ano verá a luz o seu segundo libro "Inferno", Targus tamén é escritor de cancions para distintas bandas de rock e colaborador en diversos blogs literarios
· Alexander Vórtice (Pontevedra, 1979), é poeta, columnista, escritor e colaborador en diversos blogues literarios tanto no Estado español como en Sudamérica. As súas obras publicadas ata o momento son “Destilería Ocaso” (2004), “Neurosis Tremens” (2005), “Material de Soños” (2008), “Dios y Otros Superhéroes” (2013), "Vegetaciones Carnívoras" (edición digital, 2015) e “Atrofiadas as Estrelas” (2016).
· Amelia do Val, comezou a escribir aos 11 anos en revistas escolares gañando diversos premios do Entre nós en Galego. Malia deixar de escribir cando chega á idade de 18 anos, no ano 2013 retoma a súa paixón pola literatura e gaña o terceiro premio do Xuventude Crea, gañando de xeito compartido no 2015 o primeiro premio deste certame.
· Leonardo Fernández Campos, máis coñecido como “O Leo i Arremecághona”, é un artista polifacético, filólogo. cantautor e poeta. Comezou a súa carreira artística no ano 1997, aínda que comezou a ser coñecido cando no ano 1998 abriu os concertos da xira galega de Albert Plá. Desde aquela publicou dous discos en solitario, “Suspiros de Kaña” e “Aghomita campión!” e formou e forma parte doutros grupos como Das Kapital e Labregos do tempo dos Sputniks. Na súa faceta de poeta no ano 2007 publicou en Xerais o seu libro “Hai cu”. Tamén colaborou compoñendo a música de espectáculos teatrais de compañías como Factoría Teatro e Berrobambán Teatro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario