19 ene 2016

Serán Pousos da Area

Acto: Serán Pousos da Area
Día: 23 de xaneiro
Hora: 19 horas
Lugar: Multiusos Mercado de Abastos
Organiza: Pousos da Area
A agrupación cultural e folclórica Pousos da Area organiza por terceiro ano consecutivo o seu serán Pousos de Area co que quere recuperar os seráns, reunións de carácter festivo que se celebra desde hai moitos séculos nas aldeas de Pontevedra e Ourense ao caer o día.
Antes do propio serán que comezará ás 21:30 no multiusos da praza, a asociación prepara tamén uns xogos tradicionais para nen@s e adultos que se anime. Haberá xogos individuais, colectivos, bailados e un pequeno obradoiro de construción de instrumentos pobres de cana, como carrizos, turutas, etc.
Ás 21h na alameda Rosalía de Castro farase a chamada ao serán, reproducindo o canto que facían en moitas aldeas nas encrucilladas dos camiños para chamar a veciñanza ao serán.
Durante o serán se poderá degustar chocolate con rosca e queimada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario