26 feb 2016

Concerto “Alexandre Touceda Trío”

Acto: Concerto “Alexandre Touceda Trío”
Día: 4 de marzo
Hora: 21h
Lugar: Local do Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
Este Venres do Ateneo, ás 21:00 horas, ofrecerá unha actuación de jazz en directo a cargo de ‘Alexandre Touceda Trio’. A banda dirixida polo contrabaixista vigués, considerado unha das promesas do jazz feito en Galicia, complétase con Diego ‘Tornado’ Alonso ao saxo e con David Puime na batería.
Alexandre Touceda estudou no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra e completou a súa formación na Aula de Música Moderna e Jazz de Barcelona, vencellada ao prestixioso Berklee College of Music de Estados Unidos.
A formación musical que encabeza Alexandre Touceda ofrece un amplo repertorio de temas, tanto con pezas de composición propia como arranxos de temas clásicos do jazz, nos que os intérpretes exploran as sonoridades e as cores intrinsecamente jazzísticas do formato trío, establecendo unha balanceada compenetración entre os músicos.

No acceso ao recital, os socios e socias do Ateneo Santa Cecilia achegan un donativo de 3 euros; 4 euros no caso dos non socios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario