27 feb 2016

Presentación-recital "A Porta Verde do Sétimo Andar. 2005-2015"

Acto: Presentación-recital "A Porta Verde do Sétimo Andar. 2005-2015"
Día: 5 de marzo
Hora: 19h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Asociación Queremos Galego Marín
A Porta Verde do Sétimo Andar é un colectivo literario que naceu en Vigo no ano 2005 como plataforma poética activa e aberta coa intención de facer pública a poesía. Este obxectivo levou ao grupo a organizar recitais en espazos vigueses frecuentados polos seus membros (A Cova dos ratos, Uf, entre outros). Dous anos máis tarde decidiron publicar algunhas das creacións dos compoñentes iniciais (A Porta Verde do sétimo andar, 2007). No ano 2010 saíu á luz Sétimo andar, poesía alén, e en 2012 Sétimo andar, primeira das publicacións do selo editorial creado polo propio colectivo, “Q de Vian Cadernos”.
Ao longo destes dez anos, o grupo foi modificándose e incorporando sempre novas voces tanto da poesía galega como doutros lugares e colectivos, fundamentalmente lusófonos. Hoxe en día son un referente importante da poesía galega máis actual, mostrando diversas tendencias e temáticas, desde as máis intimistas ás de marcado carácter social.

O colectivo Queremos Galego Marín presenta o sábado 5 de marzo ás 19h no Museo Manuel Torres a antoloxía poética Dez anos na Porta, que recolle creacións de moitos dos integrantes iniciais e doutros que foron incorporándose ao grupo paulatinamente. Participarán no recital Miguel Ángel Alonso e Alfonso Láuzara, cofundadores do grupo, e uniranse a eles outros membros do colectivo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario