25 feb. 2016

Presentación "Crónicas y perfiles de Pontevedra"

Acto: Presentación "Crónicas y perfiles de Pontevedra"
Día: 26 de febreiro
Hora: 20h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia

O Ateneo Santa Cecilia presentará o venres 26 de febreiro o primeiro libro de Milagros Bará, "Crónicas y perfiles de Pontevedra".
Milagros Bará, directora, guionista e columnista en vario medios provén do mundo do audiovisual. Como guionista participou en "Omniotentis Dispositione" e "Los 99 nombres de Dios" e como realizadora "Autopsia 2002", traballos que actualmente asina baixo o selo PonteOnline.
"Crónicas y perfiles de Pontevedra" é o seu primeiro libro: unha escolma de contracapas históricas publicadas ao longo de ano e medio no Diario de Pontevedra. Apaixoada da historia da nosa provincia, o libro aborda temas e personaxes dos séculos XII ao XX.
Milagros Bará tamén adicada á investigación e divulgación publica no Consello da Cultura Galega, no Diario de Pontevedra, Pontevedra Viva e outras revistas especializadas.
A presentación que terá lugar no local do Ateneo Santa Cecilia comezará ás 20h e a entrada é libre.

No hay comentarios:

Publicar un comentario