8 feb 2016

Concerto de La Bodega de Ton

Acto: Concerto de La Bodega de Ton
Día:  19 de febreiro
Hora: 21h
Lugar: Local do Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
O grupo marinense La Bodega de Ton actuará este venres 19 de febreiro nos “Venres do Ateneo Santa Cecilia”, a partir das 21:00 horas. Os seis compoñentes desta banda ofreceranlle ao público unha versión persoal da música, a ritmo de guitarra, ukelele, piano, acordeón, trompa e caixón, ademais de dúas voces solistas.
No seu amplo e variado repertorio contan con pezas da música máis actual, ademais dos temas de sempre cos que buscan a complicidade dos espectadores, tocando a fibra da memoria musical colectiva. Neste concerto porán de manifesto o carácter versátil da banda, a través de ritmos, harmonías e voces que enchen de calidade ás súas actuacións.
Canda La Bodega de Ton actuará como teloneiro o grupo de rock Acromatics. No acceso ao concerto os socios do Ateneo Santa Cecilia achegan unha doazón de 3 euros; 4 no caso dos non socios.


No hay comentarios:

Publicar un comentario