28 mar 2016

Concerto “David Regueiro Quartet”

Acto: Concerto “David Regueiro Quartet”
Día: 8 de abril
Hora: 21h
Saída: Local Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
O jazz galego volverá protagonizar a actuación neste ‘Venres do Ateneo’ Santa Cecilia de Marín, a partir das 21:00 horas. David Regueiro Quartet interpretará unha escolma do seu repertorio, no que destacan dous discos que consolidan esta banda como unha referencia deste estilo musical en toda España. Canda o guitarrista David Regueiro, o cuarteto complétase con Sarunas Pupelis no clarinete, Iago Reigosa na guitarra e Juyma Estévez no contrabaixo.
David Regueiro Quartet é un proxecto enraizado na tradición do Hot Club de Francia e na linguaxe do guitarrista belga Django Reinhardt, de orixe xitana sinti. A formación académica de Regueiro discorreu por diversos conservatorios e universidades. Entre os seus mestres destacan músicos de traxectoria internacional como Abe Rábade, Paco Charlin, Joaquín Chacón, Joe Sanders, Logan Richardson, Pepe Rivero ou Bart Van Lier, entre outros.
Participou en festivais de jazz de Ourense, Lugo, Vigo, Ribadavia, Ponteareas, Rianxo ou Salamanca, entre outras cidades. Ademais de músico e profesor, lidera tamén o grupo David Regueiro Swingtet que, tras un primeiro disco titulado “…On Stage”, vén de publicar un segundo traballo discográfico, “Bird Lives!”, facendo unha relectura do estilo de Charlie Parker.
[Doazón: soci@s, 3 €; non soci@s, 4 €]





No hay comentarios:

Publicar un comentario