26 abr 2016

Cantos de taberna

Acto: Cantos de taberna
Día: 13 de maio
Hora: 21h
Lugar: Adega da Capeleira e Taberna La Navarra
Organiza: Almuinha
A A.C. Almuinha organiza o día 13 de maio unha actividade de Cantos de Taberna en Marín, da man do grupo Maravallada, dentro dos actos que programou para a VII Festa da Lingua.
Até non hai moito tempo era do máis normal entrar nunha taberna de Marín e atopar xente compartindo momentos mentres cantaba cancións populares. Esta tradicion, por desgraza, foise perdendo nos últimos tempos e Almuinha quere rememorar esas experiencias, e ogallá actividades como estas, que se organizan en diferentes localidades da nosa Terra serviran para recuperar unha tradición do máis fermosa.
Os cantos comezarán ás 21:00h na Adega da Capeleira, e ás 22:00h estarán na Taberna La Navarra contando nesta primeira ocación coa presenza  dun grupo como Maravallada, dunha gran calidade cun repertorio baseado na música tradicional, afincado en Pontevedra, e que está composto por cinco mozas e tres mozos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario