9 abr 2016

Charla “A Lomce e as probas de avaliación e as reválidas”

Acto: Charla “A Lomce e as probas de avaliación e as reválidas”
Día: 28 de abril
Hora: 20:30h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Almuinha
O próximo xoves 28 de abril ás 20:30h. a A.C. Almuinha celebrará unha charla no Museo Manuel Torres na que o responsábel comarcal de CIG-Ensino, Guillerme Ignacio Costa, falará da nova lei de educación (LOMCE) e explicará as novas probas de avaliación para primaria, ESO e bacharelato recollidas na nova lei da LOMCE.
Hai uns días fixéronse públicas as datas nas que se celebrará por primeira vez a avaliación a alumn@s de sexto de primaria que serán os días 11, 12 e 13 de maio, e por segunda vez a alumn@s de terceiro de primaria os días 24 e 25.
Debido á falta de información e a preocupación nas familias, Almuinha convida a todas as persoas interesadas a asistir á dita charla e poder aclarar calquera dúbida coa axuda de Guillerme Ignacio Costa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario