8 abr 2016

Xornadas medioambientais do Ateneo Santa Cecilia


Acto: Xornadas medioambientais do Ateneo Santa Cecilia
Día: do 25 ao 29 de abril
Hora: consultar programa
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
Consciente da importancia que todo os aspectos relacionados co medio teñen no desenvolvemento sostible da nosa sociedade, e co obxectivo de analizar, estudar e difundir información relevante de cara a mellorar ese sensible equilibrio,  o Ateneo Santa Cecilia de Marín organiza as Xornadas Medioambientais, que terán lugar entre o luns 25 e o venres 29 de abril de 2016 na Biblioteca Pública Municipal.
Coa presenza de especialistas relevantes a nivel nacional, as ponencias inciden de xeito especial no relativo aos efectos da actividade humana sobre o medio mariño, os medios destinados a protexelo, ou algunhas experiencias desenvolvidas na nosa contorna no eido da xestión medioambiental.
Así mesmo, terá lugar a exposición ‘Fauna marina da ria’ que se inaugurará o venres 22 de abril, ás 20:30h na sala de exposicións do Ateneo Santa Cecilia, e que poderá visitarse ata o sábado 30 do mesmo mes en horario martes a venres 18:00-21:00h/sábados 12:00-14:00h.
O Ateneo Santa Cecilia informa de que no caso dalgunha persoas quixer participar nas citadas Xornadas, cómpre remitir unha folla de inscrición debidamente cumprimentada, por correo electrónico, a ateneosmarin@hotmail.com, ou por correo ordinario a Ateneo Santa Cecilia, rúa Caracol 36-soto, 36900 Marín antes do día 15 de abril. Todas as persoas que desexen asistir, agás os estudiantes que estarán exentos do pago, deberán aboar a cantidade de 10€ a ingresar na conta ES54 2080 5401 5230 40130197.
Ao remate das xornadas farase entrega de certificado de asistencia ás mesmas.


Luns 25 de abril
·         20-21:30h. “Problemática do uso de produtos químicos nas actividaindustriais, municipais e domésticas: Consecuencias verteduras para o ecosistema”.
Relator: Jon Kepa Izaguirre (Director de calidade I+D+i Laboratorios de Biotecnoloxía S.A.U

Martes 26 de abril
·         18:00 – 19:15 h. “Recomendacións para a limpeza ecolóxica en contomariñas”.
Relator: José Ángel Aldeán Peláez
(Responsable Técnico e de Calidade -  Solucións Ecolóxicas Kimu2000, S.L.)
·         20:00 – 21:30 h.  “Sistemas de xestión ambiental en praias - EMAS: A experido Concello de Marín”.
Relator: Juan Carlos Cánovas Suárez (Consultor & Auditor de Sistemas de Xestión)

Mércores 27 de abril
·         18:00 – 19:30 h. “Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia”.
Relator: Guía Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

Xoves 28 de abril
·         17:00 – 21:30 h. “Roteiros de Bandeiras Azuis”
Relator: Juan Párbole Montes (Técnico na Asociación de Educación Ambiental e Consumidor-ADEAC, a cargo do programa de Carreiros Azuis) 
 “30 Aniversario Bandeiras Azuis”
Relator: Virginia Yuste Abad
(Directora do Programa Bandeira Azul en España, Vicepresiden3ª da Asociación Ambiental e do Consumidor-ADEAC)

Venres 29 de abril
·         20:00 – 21:30 h. “A Fundación Xoán XXIII no Concello de Marín: Unha traxectoria contada desde a perspectiva da ecoloxía humana”.
Relatores: 
Diego Chapela Portela (Director Fundación Juan XXIII)
 José Luis Mariño Lixeiro (Responsable servizo de xardinería Fundación Juan XXIII)
Raquel Oliveirais Novo (Traballadora do servizo de xardinería Fundación Juan XXIII)


No hay comentarios:

Publicar un comentario