10 abr. 2016

Open Skate

Acto: Open Skate
Día: 30 de abril
Hora: 16:30H
Lugar: Skatepark do Parque Azul de Cantodarea
Organiza: Asociación Cultural e Deportiva Marín Pro Riders
Un ano máis e dentro da programación das Festas do Cantodarea, a Asociación Cultural e Deportiva Marín Pro Riders organiza un festival-exhibición no parque azul de Cantodarea.
As inscricións para poder participar deberán realizarse pola mañá, para xa pola tarde, a partir das 16:30h, comezar coas rondas eliminatorias.
O prezo da inscrición será de 5€ na categoría Open e de 3€ na categoría Sub18 incluíndo ambas inscricións bocata, refresco e o dereito a acceder a un sorte de material deportivo.
O primeiro, segundo e terceiro clasificados na categoría Open recibirán un premio de 100€, 70€, 50€ mais un trofeo respectivamente e os primeiros clasificados da categoría Sub18 recibirán un lote de material.

No hay comentarios:

Publicar un comentario