11 abr 2016

Concurso de maios e embarcacións

Acto: Concurso de maios e embarcacións
Día: 1 de maio
Hora: 12h
Lugar: Rúa Almuiña e Praza do Reloxo
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
Seguindo coa tradición, o Ateneo Santa Cecilia organiza para este 1 de maio a que xa é a LXIII edición do “Concurso de maios e embarcacións” dirixido a todos os centros escolares, asociacións e colectivos de Marín e contorna.
A festa dos maios é unha desas manifestacións culturais pertencentes ao denominado “ciclo de maio”, tempo comprendido entre mediados de abril e mediados de maio –aínda que algúns autores defenden que este ciclo dura ata o 24 de xuño, festividade de San Xoán- no que se celebran festas e ritos encamiñados a conseguir unha abundante colleita, celebrar o fin do inverno ou festejar a aparición dos primeiros froitos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario