12 abr. 2016

Proxección “Os maios en Galicia”

Acto: Proxección “Os maios en Galicia”
Día: 2 de maio
Hora: 20h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia

O Ateneo Santa Cecilia seguindo coa súa programación ao redor da festa dos maios organiza o luns 2 de maio ás 20h na súa sede da rúa Caracol a proxección dun documental de Manuel Anxo Méndez. 
O documental titulado “Os maios en Galicia”recolle fotos de maios en Ourense, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Redondela, Moaña e Marín xunto con coplas históricas recollidas no Museo de Pontevedra e no propio Ateneo Santa Cecilia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario