23 abr 2016

Roteiro polo río Lameira

Acto: Roteiro polo río Lameira
Día: 7 de maio
Hora: 10:30h
Saída: Alameda Rosalía de Castro
Organiza: Almuinha
O sábado 7 de maio a asociación cultural Almuinha organiza a quinta andaina da xeira de roteiros “coñecendo o noso entorno” que desta volta tratará de dar a coñecer o río Lameira.
A andaina que sairá ás 10:30h desde a Alameda Rosalía de castro de Marín, subirá ata a Lagoa de Castiñeiras seguindo o percurso do río Lameira para logo volver cara a Marín. O roteiro que durará aproximadamente 3 horas pasará por lugares de grande interese como lavadoiros, o muíño do Sequelo, no que haberá unha breve explicación e demostración do seu funcionamento, a fraga do río Lameira e o propio río.

No hay comentarios:

Publicar un comentario