16 may 2016

140 Aniversario do nacemento de Ramón Cabanillas

Acto: 140 Aniversario do nacemento de Ramón Cabanillas
Día: 2 de xuño
Hora: 20:30h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Club de Opinión Portocelo
Coincidindo co centenario das Irmandades da Fala o Clube de Opinión Portocelo organiza un acto conmemorativo do a 140 aniversario de Ramón Cabanillas, "poeta da raza" e un dos precursores do secular movemento galeguista. Será o xoves 2 de xuño no Museo Manuel Torres e consistirá nunha disertación sobre "Ramón Cabanillas, o poeta das Irmandades da Fala", a cargo do Francisco Fernández Rei, catedrático de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago e membro numerario da Real Academia Galega, e asesor da comisión do Ano Cabanillas.
A esta conferencia seguirá un recital poético con poemas de Cabanillas, no que participarán Tesi L. Carragal e Queta Molas, e ao que lle porán música Samu Acuña (voz e guitarra) e o grupo folcórico Pousos da Area, que colaboran desinteresadamente con esta conmemoración.
O acto contará coa presenza da neta do recordado poeta cambadés, Pitusa V. Cabanillas, gran defensora e promotora do legado cultural do seu avó. Ramón Cabanillas, nacido en Cambados o 3 de xuño de 1876, foi outro dos intelectuais galegos que tiveron certa vinculación con Marín a través dos Xogos Frorais que organizaba, aló polos anos cincuenta, a Asociación de Cultura e Arte Santa Cecilia a quen cedeu o seu poema "Un piniño novo" para a promoción do añorado certame poético e literario marinense. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario