31 may 2016

Presentación “Hija de una misma guerra”

Acto: Presentación “Hija de una misma guerra”
Día: 3 de xuño
Hora: 20:30h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
Neste ‘Venres do Ateneo’, a partir das 20:30 horas, vaise presentar o libro “Hija de una misma  guerra”, da marinense Nazaret Troitiño. Trátase do primeiro volume da triloxía “La memoria de la sangre”, que continuará cunha segunda entrega titulada “Hija de la venganza”. 
“Hija de una misma guerra” é unha novela de segredos e intriga na que a protagonista, Victoria Donato, coñece a verdade da súa orixe a través do seu avó, que lle encomenda unha importante misión: manterse a salvo dunhas familias que a perseguen para conseguir o seu corazón e o poder absoluto. Nacida para herdar o maior imperio endexamais imaxinado, o personaxe principal descubrirá o seu pasado, vencellado á mafia, enfrontarase a conflitos morais, experimentará a traizón e tamén o amor. 

A autora, Nazaret Troitiño (Marín, 1983), desenvolveu a súa afección pola lectura e pola literatura durante unha longa convalecencia por enfermidade que padeceu na nenez. Contos e poesía agromaron da súa inquedanza polas letras e da súa imaxinación. Con 18 anos ingresou no Exército e foi destinada durante un ano a Irak, desempeñando labores de axuda humanitaria. A súa experiencia directa dun conflicto bélico mudou a súa visión do mundo e, de regreso en España, unha perda familiar levouna a plasmar por escrito os seus sentimentos, publicados agora baixo o título “Hija de una misma guerra”.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario