14 may 2016

Festa “Móvete pola ría”

Acto: Festa “Móvete pola ría”
Día: 28 de maio
Hora: 18h
Lugar: Alameda Rosalía de Castro
Organiza: Plataforma Ence fóra para sempre
A sección de Marín da Plataforma Ence fóra para sempre organiza, dentro da campaña de axitación da marcha anual contra Ence, unha festa na Alameda Rosalía de Castro o día 28 de maio.
Na festa, que comezará a partir das 18h, haberá distintas actividades para todas as idades. Taller de debuxos, xogos tradicionais, photocall, mesa informativa e música tradicional. Tamén haberá un concerto do cantautor do Morrazo Samu Acaracán quen aproveitará a ocasión para presentar en directo o seu novo disco “Tinta femia”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario