14 may 2016

Presentación “Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María”

Acto: Presentación “Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María”
Día: 27 de maio
Hora: 20:30h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
A programación do Ateneo sobre o Día das Letras Galegas completarase coa presentación do novo libro da profesora Mercedes Queixas Zas, “Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María”, publicado pola editorial Galaxia. Será o venres día 27, ás 20:30 horas, coa presenza da autora.
Nesta obra, Mercedes Queixas segue o roteiro vital e literario do escritor chairego. Cun relato directo, sintético e rigoroso, a autora a fai un amplo repaso á súa traxectoria, na que o idioma galego e o oficio de poeta marcan unha vida entregada á defensa e ao compromiso coa súa xente e coa súa cultura.
Mercedes Queixas (A Coruña, 1968) é profesora de Lingua e Literatura galega no ensino secundario. É autora de varios ensaios e coautora de libros centrados na historia da literatura galega. Dende 2005 tamén é secretaria xeral da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega.


No hay comentarios:

Publicar un comentario