29 jun 2016

Club de lectura "A memoria da choiva"

Acto: Club de lectura "A memoria da choiva"
Día: 30 de xuño
Hora: 18:30H
Lugar: Cámara Agraria de Marín
Organiza: Asociación de Mulleres o Abeiro
Este xoves 30 de xuño a Asociación de Mulleres O Abeiro pecha o curso do clube de lectura, ás seis e media da tarde na cámara agraria coa novela de Pedro Feijoo “A memoria da choiva”.
Cando Xosé Carneiro, coñecido psicanalista e polémico colaborador televisivo, aparece co peito aberto no seu piso da compostelá rúa República do Salvador, son dúas as cousas que chaman a atención do xornalista Aquiles Vega e da profesora Sofía Deneb. A primeira é a brutalidade, a violencia extrema con que o crime foi levado a cabo. A segunda, ese detalle que non encaixa na escena: unha estraña peza de ferro chantada no corazón.En realidade, a de Carneiro non é máis que a primeira dunha cadea de mortes en serie, unha carreira contra o reloxo na que Aquiles terá non só que comprender que é o que está pasando, senón cal é o papel que en toda esta historia xoga un dos nomes máis importantes da nosa literatura, aquel sempre rodeado de misterio e escuridade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario