Acto: Concerto Susa Herrera
Día: 10 de xuño
Hora: 20:30h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
Día: 10 de xuño
Hora: 20:30h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
A
profesora Susa Herrera será a invitada especial neste ‘Venres do Ateneo’ con
motivo da presentación do seu último libro-disco “En Cabárceno se sigue
cantando”. A actuación, dirixida a público infantil a partir de 6 anos, ademais
de nais, pais e educadores, será a partir das 20:30 horas.
Acompañan
a Susa Herrera outras dúas intérpretes, Tere e Merchy; as tres ofrecerán un
divertido espectáculo de cancións, baile e música de diferentes culturas, dende
Brasil a Sudáfrica, pasando por Galicia.
“En
Cabárceno se sigue cantando” é o segundo volume dunha serie que comezou coa
obra “En Cabárceno se oye cantar”. Na continuación do seu anterior traballo, os
protagonistas son outros dez animais aos que a autora lles dá vida co ritmo das
súas cancións, convertendo esta proposta nunha viaxe polos cinco continentes, a
través da fauna.
Ademais
das composicións de Susa Herrera, a publicación -editada por Montañas de Papel-
conta con ilustracións de Violeta Monreal e produción musical de Carlos Calviño.
No
acceso á actuación, na que colabora o Concello de Marín, cada adulto achega
unha doazón de 2 euros; 1 euro no caso das nenas e nenos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario