14 jun 2016

Inauguración exposición “Baixo presión”

Acto: Inauguración exposición “Baixo presión”
Día: 14 de xuño
Hora: 18h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
O Ateneo Santa Cecilia inaugura este martes, 14 de xuño, a partir das 18h unha nova exposición que baixo o título “Baixo presión” recolle unha escolma dos traballos realizados coa ténica do gravado de alumnas e alumnos da facultade de Belas Artes de Pontevedra.
“Baixo presión” ten un enfoque didáctico xa que, ademais dos gravados de cada artista, tamén forman parte da exposición as pranchas que cada un deles utilizou para a elaboración das súas obras. Cada peza inclúe unha explicación da técnica empregada en cada caso, co obxectivo de dar a coñecer o gravado á veciñanza, o seu valor artístico, a súa versatilidade creativa, e o seu compoñente artesanal.
Estas obras de  Alejandra Lago, Alba R. Marty, Brais Romero, Juan Romero e Jorge Santiago poderanse ver desde o 14 ata o 30 de xuño na sede do Ateneo Santa Cecilia na rúa Caracol.

No hay comentarios:

Publicar un comentario