21 jun 2016

Noite de San Xoán

Acto: Noite de San Xoán
Día: 23 de xuño
Hora: 19h
Lugar: Parque Azul (Cantodarea)
Organiza: Festimar
Por segundo ano consecutivo, e para recadar cartos para o seu festival de setembro, a asociación Festimar organiza unha festa para celebrar o San Xoán.

Na festa que comezará ás 19h no Parque Azul de Cantodarea haberá actividades para as e os máis cativos, música tradicional da man das Punkiereteiras e sardiñada, chourizos…Xa pola noite, ás 12h, prenderáselle lume á tradicional fogueira convidando a veciñanza a que bote nela madeira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario