9 oct 2016

Charla “O enigma dos petróglifos de Mogor. A Pedra da Moura Encantada”

Acto: Charla “O enigma dos petróglifos de Mogor. A Pedra da Moura Encantada”
Día: 14 de outubro
Hora: 20h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Club de Opinión Portocelo
O Club de Opinión PORTOCELO retoma a súa actividade organizando unha charla a cargo do investigador rupestre, Antonio Costas Iglesias, sobre o enigma ao redor do labirinto de Mogor, tamén coñecido por outros estudosos como a Pedra da Moura.
A charla terá lugar o venres, 14 de outubro ás 20 horas, no Museo Manuel Torres, baixo o titulo de "A Pedra da Moura Encantada", no que o relator presentará unha nova teoría que xira ao redor da idea de que este petróglifo non é un labirinto como reivindicaron os seus descubridores un século atrás, puntualizando que ao longo do tempo fotografías e debuxos do labirinto foron manipuladas nun intento de acabar cunha representación do mito da serpe tan presente na cultura popular en toda Europa occidental.
Iglesias Costas foi membro do Departamento de Prehistoria e Arqueoloxía Instituto do CSIC Pai Sarmiento. É ademáis promotor da Catalogación Arqueolóxica do Morrazo, contribuíndo en moitos descubrimentos arqueolóxicos. Na actualidade dedícase á reconstrución dixital de varios lugares de arte rupestre. A entrada a este evento é de balde.


No hay comentarios:

Publicar un comentario