8 oct 2016

Actuación de Peter Punk

Acto: Actuación de Peter Punk
Día: 11 de outubro
Hora: 18h
Lugar: Alameda Rosalía de Castro
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
O Ateneo Santa Cecilia organiza de novo, despois de suspender a actuación do pasado 9 de setembro, por mor do accidente ferroviario no Porriño, a actuación do pallaso galego Peter Punk.
A actuación terá lugar ás 18h na Alameda Rosalía de Castro de Marín e está enmarcada dentro do ciclo de actuacións do programa Pontegal, que promove a Deputación de Pontevedra.
Peter Punk está considerado como o mellor pallaso galego do momento, con máis dun milleiro de funcións e distincións colleitadas en Mundoclown e Festiclown Rivas Vaciamadrid. A traxectoria do humorista Isaac Rodríguez complétase con xiras por paises europeos e latinoamericanos.
O personaxe de Peter Punk evoca o habitante literario de p aís de Nunca Xamais; un neno que se nega a medrar e que interpela constantemente o público na súa posta en escena, combinando a palabra coa súa destreza facendo enredos cos obxectos que porta na súa maleta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario