15 sept 2016

Concerto Banda de Música Infantil

Acto: Concerto Banda de Música Infantil
Día: 18 de setembro
Hora: 19h
Lugar: Alameda Rosalía de Castro
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
A Banda de Música Infantil do Ateneo Santa Cecilia protagonizará un concerto didáctico este domingo ás 19:00 horas na Alameda de Marín. En caso de mal tempo, a actuación trasladarase ao Multiusos, con entrada libre e gratuita. 
A Banda Infantil interpretará breves pezas musicais, intercalándose coa intervención dos mestres da Escola de Música para explicarlle ao público as distintas familias de instrumentos -madeira, vento, metal- que conforman unha banda. Sumaranse os intérpretes da Banda Xuvenil e posteriormente, todos xuntos, incluído o profesorado, culminarán este concerto que, cun enfoque educativo, pretende dar a coñecer os elementos que fan posible a sonoridade da banda, animando a pequenos e maiores a aprender a tocar na Escola de Música do Ateneo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario