1 nov 2016

Conferencia “O mito celta en Galicia”

Acto: Conferencia “O mito celta en Galicia”
Día: 10 de novembro
Hora: 20h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Club de Opinión Portocelo
O Club de Opinión Portocelo (foro de debate marinense) organiza unha conferencia sobre o 'Mito celta en Galicia' que estará a cargo do antropólogo e catedrático en Filosofía e Historia, Francisco Calo Lourido que disertará sobre o tema baixo o título xenérico de 'A verba celta é tan polisémica que perdeu significado'.
O ponente está decidido a zanxar o eterno debate sobre a orixe celta de Galicia como xa o fixera a través do seu libro 'Os celta. Unha (re)visión dende Galicia'.
A nivel popular, a idea de que os galegos somos celtas está bastante aceptada. 
Suponse que a orixe de toda esta idea se debe a un grupo de escritores galegos que, a principios do século XIX, se preguntaron sobre a idiosincrasia de Galicia. Este feito aproveitouse como punto de partida para poder construír un novo modelo político para Galicia: o nacionalismo galego.

A charla terá lugar o día 10 de novembro no Museo M. Torres ás 20.00h e a entrada será libre.

No hay comentarios:

Publicar un comentario