Acto: Presentación “As horas roubadas”
Día: 11 de novembro
Hora: 20h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
Día: 11 de novembro
Hora: 20h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
A escritora
e xornalista María Solar visitará este venres, 11 de novembro, o Ateneo Santa
Cecilia para presentar a partir das 20h o seu libro “As horas roubadas”.
As horas roubadas destapa unha paisonal historia de
amor que nunca rematou. Ambientada na confusa España de 1979, dous anos antes de
aprobarse a lei do divorcio, dúas familias vense arrastradas por ese vello
secreto e pola necesidade de cambiar as súas vidas.
Persoas que dominan ou que son
dominadas, rutinas que matan o amor, infidelidades que ven a luz, adolescentes
que descobren o sexo e a traizón... Unha novela de sentimentos que envolve ao
lector nas súas páxinas e que lle leva a coñecer personaxes inmersos nunha
época, non tan afastada, na que vivir sen ataduras era unha tarefa pendente.Unha
novela coral que nos leva a través da vida de tres xeracións para demostrar que
non hai idade para o amor, e que cando as cousas non cambian pola nosa vontade,
algo insospeitado pode facelas cambiar. Para sempre.
María Solar,licenciada
en bioloxía e xornalismo e diplomada en maxisterio, é unha xornalista da
Televisión de Galicia e a Radio Galega. Na actualidade, despois de presentar o
cultural Zigzag Diario, Ciencianosa, En pé de festa, e Arrampla con todo, é a
presentadora do magazine informativo A Revista Fin de Semana.
María Solar estará
acompañada durante a presentación do actor da serie da TVG, Serramoura, Miguel
Ángel Blanco e da escritora e xornalista Elena Gallego Abad Paleo.
A entrada ao acto é libre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario