20 nov 2016

Charla “Compostaxe individual e comunitaria”

Acto: Charla “Compostaxe individual e comunitaria”
Día:  24 de novembro
Hora: 20:30h
Lugar: Casa da Cultura de Seixo
Organiza: Grupo Cultural Ronsel
O Grupo Cultural Ronsel organiza o xoves 24 de novembro unha charla sobre a compostaxe na Casa da Cultura de Seixo a partir das 20h. A charla será impartida polo mestre composteiro da Deputación de Pontevedra Agustín Vidal.
A xestión dos residuos é un gran problema para a maior parte dos municipios, que teñen que facer fronte a elevados custos de recollida e tratamento. A compostaxe preséntase, neste sentido, como unha alternativa necesaria xa que é máis económica e máis ecolóxica que os tratamentos actuais.
Entre o 40 e o 50 % do lixo doméstico é materia orgánica (refugallos de comida e xardín) que, se non se separa e aproveita convenientemente, vai parar á incineradora. Isto, ademais de xerar problemas coa emisión de gases, representa unha malversación de recursos.
A parte húmida do lixo, separada axeitadamente, pode transformarse nun produto útil: un fertilizante natural para a terra chamado compost, que se pode reintroducir no contorno próximo, nos espazos públicos ou na horta da casa, pechando o ciclo da materia orgánica. Pode facerse compost na casa ou de xeito comunitario, ademais de en plantas de maior tamaño (municipais ou comarcais). O fundamental para este sistema de tratamento é a implicación dos concellos e dos veciños, que teñen que separar axeitadamente os seus residuos.  



No hay comentarios:

Publicar un comentario