21 nov 2016

Charla “Violencia de xénero e acoso escolar”

Acto: Charla “Violencia de xénero e acoso escolar”
Día:  25 de novembro
Hora: 20h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Intercambio do Saber Marín
A asociación de mulleres Intercambio do Saber organiza este venres, 25 de novembro, coincidindo co Día Internacional contra a violencia de xénero, unha charla onde se abordará o acoso que se exerce contra as mulleres e o acoso escolar.
A charla terá lugar no Museo Manuel Torres a partir das 20h e contará coa participación de María Penedo Abilleira, doutora en psicoloxía e profesora da Uned, e de Antonio Novo Carballal, directo o IES Illa de Tambo de Marín, que falarán sobre o acoso no ámbito social e laboral e no escolar, respectivamente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario