21 nov 2016

Concerto de Jaime e Manuel

Acto: Concerto de Jaime e Manuel
Día: 25 de novembro
Hora: 21h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
O dúo de acordeonistas formado por Jaime e Manuel actuará o 25 de novembro, no marco das sesións ‘Venres do Ateneo’, a partir das 21:00 horas.
Ofrecerán un repertorio a base de pezas moi coñecidas como “Cumparsita” e “Cambalache”,  xunto con melodías tradicionais como a jota ou os ritmos de procedencia arxentina, e temas populares do folclore galego como “Na beira do mar”, “Carolina” ou “Vén bailar, Carmiña”.
Manuel Olegario naceu en Bos Aires no ano 1957 , inicio o seus estudos aos 8 anos da man do seu pai , e autodidacta a partir do 1992 inicia unha escola de acordeóns no centro cultural Helios de Bembrive con seu pai , formando o grupo Algareiro , actualmente Tarataña ., actuo en Hoteles , TVG , Teatros , Catering , Salas de festa , En Chartres Francia festival internacional de acordeón representando a España ano 2005 , fundo o grupo folc Xarope de Uva , a dado clases de acordeón en innumerables sitios , centros culturais , escolas etc , leba mais de 20 anos organizando o día mundial do acordeón , tamen dende fai 3 anos a festa do acordeón na Rua , ten outra faceta que e a reparación de acordeóns , compositor de varias obras , a partir do ano 2008 escomenza súa función de mestre en A Rúa , este ano ten programado o seu primer traballo discográfico con acordeón en colaboración con instrumentistas e algún de seus alumnos .
A partir do ano 1992 forman o dúa de acordeóns tocando en todas as edicions do día mundial do acordeón en Bembrive , na TVG , Portugal , centros culturais de toda a comarca , festas gastronónicas etc.
Jaime Vilas naceu en San Andrés de Lourizan Pontevedra , ten estudos de piano, violín no conservatorio de Pontevedra , o acordeón da man do mestre , Arturo Bastos de Cabral (Vigo).  Iníciase no acordeón aos 9 anos de idade. (Da man dos mestre profs. Poceiro e Arturo Bastos) e ten feitas numerosas colaboracións de acordeón no cine e na TVG:
 - Son de Acordeón na Banda Sonora da película Sempre Xonxa do  director Chano Piñeiro.
 - Actuacións en directo en programas: Luar, Noite de estrelas, Veciños, etc.
 - Acompañamento de piano a diversos artistas en directo.
Tamen fai a produción  do CD de música étnica: Montain Ama, Taiwan.Taiwanese Aboriginal - Music from The Tsou Tribe.
Profesor e co-fundador do Centro de Estudos de Música Moderna de Pontevedra.1986.
Na actualidade imparte clases de ensino musical á vez de tocar en formacións de jazz e música standard, tamén asiste con frecuendia aos programas da TVG onde acompaña a diversos artistas en directo e participa como músico solista.
Este recital enmárcase no ciclo ‘Pontegal’ da Deputación de Pontevedra. No acceso á actividade os socios do Ateneo achegan unha doazón de 1 euro; 2 euros no caso dos non socios.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario