6 feb 2017

charla “Siria. Alén do relato mediático”

Acto: charla “Siria. Alén do relato mediático”
Día: 23 de febreiro
Hora: 20h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Mar de Lumes
MAR DE LUMES - Comité Galego de Solidariedade Internacionalista organiza en Marín o próximo 23 de febreiro unha charla coloquio sobre a situación de Siria, na Biblioteca Municipal ás 20h. no que contará coa participación de Oscar Valadares.
Estamos ante un conflito que traspasa as fronteiras deste país e ten implicacións internacionais con múltiples actores, e sobre o que pretendemos achegar outra visión alén do que os medios convencionais contan. Estase desenvolvendo unha guerra polo control dun país con grandes reservas de gas natural e outros recursos, posicionado estratexicamente no mapa e histórico lugar de paso de persoas e mercadorías. Unha guerra que provocou miles de mortos e desprazados, así como unha campaña de desinformación impresionante onde a verdade dos feitos non importa. Como aconteceu en anteriores conflitos, como no Iraq ou Libia, onde o goberno dos Estados Unidos e os seus aliados tentaron manipular a opinión pública para xustificar as súas intervencións.
Mar de Lumes convida a asistir a este acto e participar no intercambio de opinións do coloquio.


No hay comentarios:

Publicar un comentario