18 ene. 2017

Conferencia "La familia Pascual Duarte"

Acto: Conferencia “La familia de Pascual Duarte”
Día: 20 de xaneiro
Hora: 20h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
O profesor Santiago Losada Carregal impartirá una conferencia neste ‘Venres do Ateneo’, a partir das 20:00 horas e con entrada libre, sobre a novela “La familia de Pascual Duarte”, do Premio Nobel galego Camilo José Cela. Personaxe ambiguo e negativo modelo de conduta, o personaxe de Pascual Duarte foi cualificado como “un infeliz” polo doutor e humanista Gregorio Marañón.
Na súa ponencia, Santiago Losada analizará esta novela de 1942 dende o punto de vista das influencias literarias do seu autor: ata que punto Cela mesturou dende o xénero picaresco que representan obras como “El Lazarillo de Tormes” ata narrativa do estilo de “La lucha por la vida” de Pío Baroja. Tamén abordará a súa teoría arredor do concepto do “tremendismo” e da súa aplicación a “La familia de Pascual Duarte”.
Ademais, Santiago Losada trazará un perfil psicoanalítico sobre o autor e o personaxe de Pascual Duarte a partir de aspectos como as desilusións do protagonista, a responsabilidade moral, as vítimas e os vitimarios, entre outros aspectos da súa ampla lectura.
Profesor de Historia da Filosofía, licenciatura que cursou na Universidade de Salamanca, Santiago Losada Carregal exerceu a docencia no Seminario de Santiago de Compostela, no Instituto de bacharelato de Vilagarcía, no colexio Eduardo Pondal de Cangas e no Instituto Pérez Galdós de Madrid. Ademais, presidiu a Aula Cultural Asaute na capital do Estado. É experto en temas como o Camiño de Santiago, a relixión cristiá e temas sociais como educación ou inmigración, dos que ten impartido varias conferencias. Tamén desenvolveu traballos arredor de autores como Cervantes, Unamuno e Rosalía de Castro, entre outros poetas galegos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario