12 ene. 2017

Concerto de Servando Barreiro

Acto: Concerto de Servando Barreiro
Día: 13 de xaneiro
Hora: 21h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
Retómanse esta semana os Venres do Ateneo coa actuación do músico e contador de historias Servando Barreiro, a partir das 21:00 horas. Aínda que comezou estudando música clásica, pronto se interesou pola tradición musical galega e portuguesa, unha faceta que desenvolveu como intérprete e compositor en compañías de títeres, de teatro e agrupacións folclóricas. Tamén musicalizou a obra de poetas clásicos e contemporáneos, como Manolo Pilas, Rochi Novoa ou Miguel Ángel Alonso.
Dende que gañou o III Festival Galego da Canción comezou a gravar discos; entre eles, “O son da sega”, “A dança do lume” e “Som voltas”. Nos últimos anos ten colaborado co educador ambiental Anxo Moure na publicación do libro “Vicentinho e as árvores da paz”, ao que lle seguiu “A música das árbores”.

No acceso a este recital, que conta coa achega da Deputación de Pontevedra a través do ciclo Pontegal, os socios do Ateneo achegan unha doazón de 1 euro; 2 euros no caso dos non socios.


No hay comentarios:

Publicar un comentario