17 feb 2017

Charla “O cancro non é de cor de rosa”

Charla “O cancro non é de cor de rosa”
Día: 2 de marzo
Hora: 20h

Lugar: Museo Manuel Torres

Organiza: Intercambio do Saber Marín
A asociación de mulleres Intercambio do Saber, co gallo do Día Internacional da Muller, organiza este xoves, 2 de marzo, ás 20h no Museo Manuel Torres, unha charla coloquio baixo o título "O cancro non é de cor de rosa".
Na charla participarán mulleres como Beatriz Figueroa, avogada e periodista, que leva anos demandando que se cambie a lei para mellorar a protección laboral e a seguridade social das persoas enfermas de cancro, que como ela tiveron que recurrir aos tribunais para conseguir a incapacidade laboral.
Beatriz participará na charla coloquio xunto a Isabel Carragal, unha marinense traballadora do frío que "sofre a crueldade dun Estado que a obriga a traballar sufrindo cancro de mama con metástase".
Tamén participara a ex deputada no Congreso, Olaia Fernández Davila, quen no seu día levou a proposición non de lei para mellorar a protección laboral e económica das persoas que padecen cancro que recollía a proposta de Beatriz Figueroa avalada con preto de 500.000 sinaturas, a pesar do cal tamén foi rexeitada pola maioría do goberno do PP.
Estas tres mulleres protagonizarán esta interesante charla coloquio, que irá precedida da curtametraxe "Ir a ningún sitio" dirixida polo pontevedrés Mario Iglesias inspirada no caso de Beatriz Figueroa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario