16 feb 2017

Enterro da Sardiña

Enterro da Sardiña
Día: 1 de marzo
Hora: 17h
Lugar: Alameda Rosalía de Castro
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
Un ano máis, o Ateneo Santa Cecilia de Marín organiza o mércores de entroido o Enterro da Sardiña.
O velorio comezará no Palco da Música na Alameda Rosalía de Castro a partir das 17:00 horas, e contará con seguemento en directo por parte das cámaras da Televisión de Galicia. O Ateneo Santa Cecilia fai un chamamento á veciñanza marinense, de todas as idades, para que acuda a esta celebración ataviada de rigoroso loito, exprese as súas condolencias polo pasamento e se sume aos actos de dó.
Ás 20:00 horas comezará a procesión do Enterro da Sardiña, que este ano muda de itinerario. A comitiva fúnebre sairá dende o Palco da Música en dirección á rúa Jaime Janer, continuará pola rúa do Busto, Doutor Touriño e Rúa do Sol ata a Praza do Reloxo. Neste punto pronunciarase o sermón e, ao remate dos oficios protocolarios, a sardiña será conducida ata o mar seguindo a Rúa Real, Almuíña e Praza de España, rematando no peirao.

No hay comentarios:

Publicar un comentario