19 feb 2017

Charla: “Os ciclistas das bicis de ferro”

Charla: “Os ciclistas das bicis de ferro”
Día: 3 de marzo
Hora: 20h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
Enmarcada nos "Venres do Ateneo", este venres, 3 de marzo, ás 20:00 h. terá lugar na sala de exposicións do Ateneo, a charla coloquio "Os ciclistas das bicis de ferro". Na que o veterano atleta marinense Manuel Rosales, arroupado por compoñentes do Club Ciclista Marín, contará anécdotas daqueles anos heroicos
do ciclismo, nos que o seu proxenitor chegou a ser mesmo campión galego. 
Con este coloquio o Ateneo Santa Cecilia e o Club Ciclista Marín queren render unha modesta homenaxe a todas e todos os corredores  que axudaron a forxar a lenda e a épica deste marabilloso pero a vez duro deporte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario