Acto: Charla “O entroido
de Marín nos anos 50”
Día: 16 de febreiro
Hora: 20h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Club de Opinión
Portocelo
O xoves 16 de febrero arranca o entroido
na vila de Marín cunha charla organizada polo grupo de acción cultural “Xornadas-Reencontro
coa Historia de Marín”, integrado no Club de Opinión Portocelo, sobre o “entroido
de Marín nos anos 50”.
Para falar sobre este entroido a
organización contará coa dinamizadora cultural Enriqueta Molas, servindo
ademais este acto como recoñecemento póstumo a Eduardo Otero Molas (o mestre Molas),
mediante a entrega aos seus familiares dunha placa como agradecemento e
lembranza ao seu labor impulsora da recuperación das murgas durante a década
dos anos 50.
O acto contará tamén coa actuación da
murga “Os novos Pulpeiros”, quen interpretarán varias composicións con letra e
música de Molas.
A charla terá lugar no Museo Manuel Torres a partir das 20h.
A charla terá lugar no Museo Manuel Torres a partir das 20h.
No hay comentarios:
Publicar un comentario