21 feb 2017

Proxección: “Por obra e gracia do idioma”

Proxección: “Por obra e gracia do idioma”
Día: 3 de marzo
Hora: 20h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Asociación Queremos Galego Marín
A Asociación Queremos Galego Marín organiza, dentro da súa sección “Ser Lingua non é fácil”, a proxección do documental da cangueira Andrea Bernárdez “Por obra e graza do idioma”, o venres 3 de marzo ás 20h no Museo Manuel Torres.
Este documental que serviu como traballo de fin de grao de Andrea Bernárdez bucea na realidade lingüística do noso país a través de diferentes entrevistas con numerosas personalidades da política, cultura e administración, mais tamén con xente da pé.
Xosé Manuel Beiras, a portavoz do BNG Ana Pontón, o secretario de política lingüística Valentín García Gómez, a actriz Mónica Camaño ou Uxio Novoneyra Rey son algunhas das persoas que interveñen neste documental para preguntarse e responder cuestións tales como en que punto se atopa a nosa lingua, ou se existe existe o bilingüismo cordial promulgado por Fraga e Feijoo ou ben seguimos cunha diglosia voraz como predican Xosé Manuel Beiras ou Ana Pontón.
Andrea Bernárdez é unha moza de Cangas graduada en Comunicación Audiovisual que con 6 anos marchou vivir fóra de Galiza, perdendo así todo contacto coa lingua ata o seu regreso en terceiro de primaria. Non tivo un regreso doado, lingüísticamente falando, pois o galego converteuse nun primeiro momento nunha materia case que inimiga, até que todo mundou coa súa chegada ao instituto, onde comezou a participar no Equipo de Normalización Lingüística do seu centro.
A propia experiencia da gravación deste documental, que lle servíu como traballo de fin de grao, nun mestrado en Madrid é moi reveladora da situación na que se atopa a nosa lingua e a consideración de lingua de terceira ou cuarta categoría que se lle dá no estado, malia ser unha lingua cooficial. O responsable do traballo de fin de grao prohibíralle facer o traballo en galego, mentres si era posíbel entregalo en inglés. A autora tivo que loitar polos seus dereitos lingüísticos e grazas a un titor conseguiu entregar o documental íntegramente en galego con subtítulos en castelán acadando finalmente unha boa nota.


No hay comentarios:

Publicar un comentario