25 feb 2017

Charla “Xénero e cidadanía”

Charla “Xénero e cidadanía”
Día: 16 de marzo
Hora: 20h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Club de Opinión Portocelo
O Club de Opinión PORTOCELO, foro de debate marinense, únese á celebración do Día Internacional da Muller Traballadora organizando unha conferencia que será impartida por Modesto Barcia Lago, doutor en Dereito, escritor e académico numerario da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación, que disertará, o xoves, 16 de marzo ás 20.00h no Museo M. Torres, sobre o tema do seu libro “Género y Ciudadanía. Un debate actual iluminado por las estrellas de la noche griega”. O acto será presentado por Pilar Calviño Barreiro.
O poñente porá de manifesto a súa inquietude e o seu compromiso cívico cos valores da dignidade, a liberdade e a igualdade das persoas sen distinción de sexo ou orientación sexual.

No hay comentarios:

Publicar un comentario