24 feb 2017

Concerto “Pequeña Gran Compañía”

Concerto “Pequeña Gran Compañía”
Día: 10 de marzo
Hora: 21h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
O dúo musical Pequeña Gran Compañía formado pola cubana Amor Herrera e polo arxentino Sergio Ariel Rodríguez actuará neste ‘Venres do Ateneo’, a partir das 21:00 horas. Presentará un repertorio de cancións accesible para todos os públicos, nunha actuación que destacará polo seu carácter interactivo, cercano e divertido, co humor como parte fundamental do espectáculo.
O grupo fundouse en 2010 para representar unha fusión interdisciplinar de artes combinando música, danza, poesía, teatro e montaxes audiovisuais. Nunha segunda etapa, a partir de 2013, Pequeña Gran Compañía adoptou a súa actual composición, con Sergio Ariel Rodríguez e Amor Herrera como directores e intérpretes.
Nacido en Bos Aires e afincado en España dende hai máis de 15 anos, Sergio Ariel Rodríguez é cantante, compositor e produtor musical. A súa experiencia artística abrangue concertos en directo, gravacións e presentacións con diversos grupos, tanto en Arxentina e en España, como en Brasil e Portugal.
Natural de La Habana e graduada en música no Conservatorio Amadeo Roldán, na especialidade de trombón, Amor Herrera formou parte da prestixiosa orquestra Anaconda de Cuba, coa que gravou varios discos e documentais, ademais de participar en xiras por máis de 30 países para actuar en destacados festivais. Dende que en 2001 fixou a súa residencia en España dedícase á música e a outras facetas como locutora de radio e escritora.
No acceso á actuación, que se enmarca no ciclo Pontegal, os socios e socias do Ateneo achegan unha doazón de 1 euro; 2 euros os non socios.


No hay comentarios:

Publicar un comentario