Conferencia: O megalistismo
Día: 17 de marzo
Hora: 20h
Lugar: Museo Manuel Torres
Día: 17 de marzo
Hora: 20h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Almuinha
O
vindeiro venres 17 de marzo a A.C. Almuinha inicia o Ciclo de Conferencias
"Francisco Carballo" de Historia de Galiza. Nesta primeira ocasión
tratará o tema "O megalitismo", e contará coa intervención do
arqueólogo Juan Carlos Castro Carrera, director da Sociedade Anta de Moura S.L.
O acto terá lugar no Museo Manuel Torres de Marín a partir das 20:30h.
Este
ciclo de charlas de Historia de Galiza levará o nome de "Francisco
Carballo". Desde a asociación queren tributarlle unha modesta homenaxe a
un home que, malia non ser marinense de nacemento, permaneceu ligado á nosa
vila con especial intensidade durante moitísimos anos, e que lle adicou unha
parte moi importante da súa vida ao coñecemento da historia de Galiza e á súa
difusión, polo que para Almuinha lle parece moi axeitado ligar o seu nome ao
destas xornadas.
A
historia é a ciencia que ten por obxecto o estudo do pasado das sociedades
humanas, e desde Almuinha parten do convencemento de que o coñecemento do noso
pasado, da historia do noso pobo, constitúe un elemento imprescindíbel para a
comprensión do que somos hoxe e para entender o presente no que vivimos. O que
somos e todo o que nos nosos días forma parte da nosa realidade cotiá é o
resultado dun proceso ao longo da historia no que interveñen multitude de
elementos e factores.
O
obxectivo da asociación con estas conferencias será aportar datos para a
comprensión do noso presente, e no futuro irán abordando diferentes temas da
historia da nosa Terra. En ocasións centrarase en falar das distintas etapas ou
épocas da Historia de Galiza, como nesta ocasión na que tratará o período megalítico,
mais noutras abordará acontecementos máis concretos da nosa historia.
Nesta primeira ocasión Almuinha tratará o Megalítico, período da prehistoria que podemos situar entre o século VI a.c. e finais do século III a.c. É unha época na que se estende a actividade da agricultura, co conseguinte proceso de sedentarización da poboación, e que deixa a súa pegada na nosa Terra a través de abundantes lugares arqueolóxicos (máis de 5000) que revelan a existencia dunha numerosa poboación moi espallada no territorio. As construcións características deste período son importantes monumentos feitos con grandes pedras, como os dolmens (ou antas) e os menhires (ou pedrafitas). En Marín temos exemplos desta época, entre os que podemos destacar a mámoa de Chan de Armada e o Menhir de Currás. Suponse que os nosos antepasados non vivían moi lonxe de onde se atopan as mámoas (estruturas funerarias), mais carecemos de pouca información ao respecto debido aos escasos restos atopados de asentamentos da época. Da información coa que contamos deriva esta famosa frase de Alonso del Real "Os habitantes do mundo megalítico morrían, pero non vivían". Na nosa terra, estas construcións deron lugar a numerosas lendas na tradición popular.

Para
falar desta interesante época do noso pasado a asociación contará coa
intervención do arqueólogo Juan Carlos Castro Carrera. Juan Carlos é Director
da sociedade Anta de Moura S.L., que cofundou en 1992. Redacta, dirixe e
coordina un gran número de proxectos no eido do patrimonio cultural,
principalmente o arqueolóxico, relacionados con: escavación e conservación,
rehabilitación, posta en valor, musealización, divulgación, planificación ou
xestión. En relación co megalitismo, destacan as actuacións dirixidas de
escavación e rehabilitación de distintas mámoas no Morrazo, entre elas as
coñecidas Mámoa do Rei (no Lago de Castiñeiras, Vilaboa) e Chan de Armada 1
(Marín), ou máis recentemente as mámoas 1 e 3 da Tomada de Martínez, no Parque
Empresarial de Castiñeiras (Bueu), finalizada en decembro de 2015. Actualmente
é asesor da Fundación Lago de Castiñeiras nos temas relacionados coa
arqueoloxía e en particular as mámoas: conservación, exposición, divulgación,
etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario