15 feb 2017

Concurso de filloas e orellas

Concurso de filloas e orellas
Día: 28 de febreiro
Hora: 18h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
Un ano máis, o Ateneo Santa Cecilia de Marín organiza o seu tradicional Concurso de Orellas e Filloas, en colaboración co Concello de Marín. Será este vindeiro martes de Entroido, 28 de febreiro, no local do Ateneo, entre as 18:00 e as 19:00 horas.
As persoas interesadas en participar -tanto persoas físicas como entidades xurídicas- deberán presentar 13 unidades, sexa de orellas ou de filloas, nese intervalo horario. As elaboracións deberán identificarse co nome do participante, o seu enderezo e número de teléfono; datos que se incluirán no interior dun sobre pechado.
Así como a preparación das filloas e das orellas dependerá do criterio dos participantes, o principal requisito establece que se respecte a forma tradicional destes doces típicos do Entroido. O xurado estará formado por persoas designadas pola xunta directiva do Ateneo Santa Cecilia, que se reserva o dereito a distribuílas entre o público trala deliberación. O fallo do xurado será inapelable e darase a coñecer a partir das 20:00 horas.
Os premios aos gañadores de ambos certames consistirán en lotes de chourizo, grelos e cacheira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario