4 mar 2017

Actuación: “Solistas de Valga”

Actuación: “Solistas de Valga”
Día: 24 de marzo
Hora: 21h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
O Quinteto de Metais da Escola de Música Municipal de Valga protagoniza o derradeiro 'Venres do Ateneo' que se celebrará mañá a partir das 21:00 horas na histórica sede do Ateneo Santa Cecilia de Marín, na rúa Caracol. Esta agrupación, unha das moitas formacións de música de cámara creadas nos últimos anos dentro desta escola, marcará co seu repertorio o final dun ciclo na longa traxectoria cultural do Ateneo.
Os trompetistas Fabián Jamardo e César García, a intérprete de tuba Lucía Solla, Alberto Arribas na trompa e Pedro Torres no trombón, compoñen actualmente este quinteto. Fundada en 1996, a Escola Municipal de Música de Valga comezou con dous profesores formando unha trintena de alumnos; unha cifra que medrou ata os 15 docentes e os 130 estudantes.
Xunto co Quinteto de Metais, a partir de 1999 foron xurdindo tamén os grupos de Saxos e de Percusión, o Cuarteto de Frautas e o Coro de Nenos e Nenas, froito do talento do alumnado e das súas inquedanzas musicais.
Dende hai seis anos estas agrupacións veñen actuando no Ciclo de Música de Cámara “Música nas igrezas” que organiza o Concello de Valga. Tamén participan na programación conmemorativa do Día de Santa Icía, impulsada pola Coral Polifónica de Betanzos.
No acceso á actuación do Quinteto de Metais, que conta coa colaboración do Concello de Marín, os socios e socias do Ateneo achegan unha doazón de 1 euro; 2 euros no caso dos non socios.


No hay comentarios:

Publicar un comentario