7 abr 2017

Actos conmemorativos do 86 aniversario da II República

Actos conmemorativos do 86 aniversario da II República
Día: 12 de abril
Hora: 20h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza:
Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín
Neste mes de abril, a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín, conmemora o 86 aniversario da II República cos seguintes actos: 
mércores 12, ás 20:00 h. no Museo Manuel Torres teremos a conferencia “Miguel Hernández, poeta, pastor, soldado”, a cargo do profesor Santiago Losada Carregal; haberá un recital poético nas voces das mozas e mozos Charo Miloro, Antía Rey, Moshelem, José A. Giráldez e Víctor e Luís Portas; contaremos coa actuación musical das violinistas Tati e Lía.
sábado 15, ás 13:00 h., celebraremos o tradicional acto no entorno da Pedra da Liberdade (ao carón do edificio do Concello), coa participación da Banda de Música Amigos da República e a intervención dunha integrante da recentemente nacida Memoria Histórica de Valga (deste concello era nativo Ramón Magariños Duro, xastre e directivo da agrupación socialista de Marín durante a república, e que xunto a tantas e tantas outras persoas defensoras da democracia e a liberdade, sufriu represión e cárcere na Illa de San Simón logo do golpe de estado do 36).
Despois do acto, tal e como se vén facendo durante os últimos anos, haberá nun Xantar Republicano. Terá lugar no restaurante O Rincón de Sito (situado detrás da igrexa). Todas as persoas que desexen compartir este momento, deberán anotarse, ata o vindeiro luns día 10, no enderezo electrónico da asociación memoriadmarin@gmail.com ou  nos teléfonos: 628 255072 -  609 909175.
martes 25, ás 20:00 h., na Biblioteca Municipal, Luis Bará presentará o seu libro “Non des a esquecemento”


No hay comentarios:

Publicar un comentario