10 abr 2017

Actuación: “Nerea Rodríguez”

Actuación: “Nerea Rodríguez”
Día: 21 de abril
Hora: 21h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
A acordeonista pontevedresa Nerea Rodríguez será a invitada deste ‘Venres do Ateneo’, que se celebrará a partir das 21:00 horas no Museo Manuel Torres de Marín. Distinguida co Premio Extraordinario de Fin de Grao, a intérprete formouse no Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra e completou os seus estudos no Conservatorio Superior de Aragón.
Da súa traxectoria recente destaca que foi bolseira no Festival Internacional de Música de Livorno, en Italia, onde obtivo o 1º premio no XXXV Certame Nacional de Acordeón no apartado senior, unha mención de honra no Concurso Internacional Arjau de Barcelona na categoría ata 29 años, e que foi seleccionada para participar no Torneo Internacional De Música que se celebrou o pasado mes de setembro en Roma. 
Malia a súa xuventude, esta prometedora acordeonista xa participou en diversas formacións musicais e concertos realizados en Zaragoza, Madrid, Segovia e León. En 2014 foi elixida para actuar no IV Festival de Peregrinos Musicais, tocando como solista en espazos como a Catedral de Santiago, a Cidade da Cultura ou a Casa do Saber en Lugo. Neste certame tamén colaborou con membros da Fundación Rostropovich e Spivakov. 
Ademais de recibir clases maxistrais de compositores e intérpretes de sona internacional, Nerea Rodríguez ten enfocado parte da súa andaina musical cara á difusión da música contemporánea, formando parte da Academia Para La Nueva Música dirixida por Nacho de Paz. No seu repertorio figuran obras de Carolina Cerezo, Óscar Escudero, Alberto Arroyo e Luís Vera.
No acceso á actuación, que forma parte do ciclo Pontegal, os socios e socias do Ateneo Santa Cecilia achegan unha doazón de 1 euro; dous euros no caso dos non socios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario