6 abr 2017

Actuación: “The Turre´s Band”

Actuación: “The Turre´s Band”
Día: 7 de abril
Hora: 21:30h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
Esta semana o ‘Venres do Ateneo’ trasládase á Biblioteca Municipal Vidal Pazos de Marín onde actuará, a partir das 21:30 horas, o grupo galego The Turre’s Band. Esta formación xurdiu en 2001 no seo da Banda de Música de Torroso coa idea de achegar un concepto innovador na música de vento. A medio camiño entre as ‘brass band’ norteamericanas e as fanfarrias dos países balcánicos, os doce intérpretes de The Turre’s Band interpretarán unha mestura de melodías que animarán o público a deixarse levar polo ritmo.
Nestes case 17 anos de traxectoria artística, The Turre’s Band actuou en destacados eventos musicais galegos como Reperkusion, Rebumbio, Con V de Valarés, a Festa do Muíño, o Festival Internacional de Títeres de Redondela, o Festival Millo Verde na mesma vila, e o Festival de Cans.Tamén se desprazaron a outras comunidades para participar en citas semellantes do calendario estatal, como FeMuka e o o Festival Intercultural de Calaf, en Segovia e Cataluña, respectivamente.
Xa contan con dous discos no mercado: “Algho Hai!”(2006) e “A Última Verbena” (2010). Neste último  álbum, The Turre’s Band contou coa colaboración de importantes compositores e artistas galegos como Ernesto Campos, Juan Eiras ou Laura Quintillán, entre outros.
O Ateneo Santa Cecilia anima a veciñanza de Marín e da contorna a acudir a este concerto, enmarcado no ciclo Pontegal da Deputación de Pontevedra: un recital que se vai caracterizar pola montaña rusa de emocións e a variedade de xéneros, dende o swing ao blues, pasando polo ska; todo aderezado cunha boa dose de humor e teatro, o converte cada actuación desta banda nun espectáculo irrepetible.

No acceso á sala, os socios do Ateneo achegan unha doazón de 1 euro; 2 euros no caso dos non socios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario