12 abr 2017

Actuación: “AAF´60”

Actuación: “AAF´60”
Día: 28 de abril
Hora: 21h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
O trío musical AAF’60 formado polo cantante e guitarrista Alberto Cunha, o seu irmán Andrés Cunha tocando o baixo e o veterano percusionista Rafael Otero ‘Feluco’, amenizará este ‘Venres do Ateneo’ a partir das 21:00 horas na Biblioteca Municipal de Marín. Despois dun tempo sen actuar xuntos, estes intérpretes volveron reunirse este ano para recuperar a música dos anos 60 e 70: dende Los Brincos a The Beatles, pasando por Lonestar ou Los Bravos, ata Micky y los Tonys ou Los Mustang.
Bo gusto, clase e elegancia, sen esquecer altas doses de humor, son as claves deste espectáculo -enmarcado no ciclo Pontegal da Deputación de Pontevedra- que transporta o público ata a época ye-ye dos guateques. Cun repertorio evocador que forma parte da memoria de toda unha xeración, AAF’60 protagonizará unha velada chea de coñecidas melodías e cancións.
O artífice deste espectáculo é o solista, compositor e actor vigués Alberto Cunha, cuxa ampla traxectoria que abrangue o humor, a música, as imitacións e as colaboracións en varias orquestras, ademais de participar en programas da TVG e de Televigo. Ten creado a sintonía de varios programas de televisión e actuado en capítulos de series audiovisuais galegas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario