12 abr 2017

Conferencia: “A arte rupestre”

Conferencia: “A arte rupestre”
Día: 28 de abril
Hora: 20:30h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Almuinha
A Asociación Cultural Almuinha continua coas súas xornadas “Francisco Carballo” de historia de Galiza e organiza para o venres 28 de abril ás 20:30 no Museo Manuel Torres a segunda charla do ciclo.
Desta volta o tema do que se vai falar é a Arte Rupestre con Alia Vázquez, Miguel Carrero e Benito Vilas, os dous primeiros investigadores da Universidade de Santiago de Compostela e o último da Universidade de Vigo.
A maiores proxectarase unha curtametraxe realizada polo arqueólogo Lukas Santiago, na que aborda o achádego dun novo petróglifo en Campo Lameiro e o proceso seguido para a súa análise e estudo.
A arte rupestre está formada por aqueles gravados sobre pedras ou rochas coñecidos como petróglifos. Os petróglifos galegos non son un fenómeno único da nosa Terra, mais si destacan a nivel mundial pola súa riqueza. A maioría dos petróglifos galegos foron realizados sobre granito, aínda que tamén se empregou a lousa e o xisto.
Existen dous tipos de petróglifos: naturalistas, con representacións zoomorfas, antropomorfas e de armas; e xeométricos, dos cales se descoñece o seu significado, entre os que se atopan circulos concéntricos, labirintos (entre os que destaca o labirinto de Mogor), deseños reticulados, espirais, puntos e coviñas.

En Marín existen abundantes exemplos de arte rupestre, destacando especialmente o petróglifo de Mogor coñecido como O Labirinto, cuxa relevancia traspasa as nosas fronteiras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario